ESTUFA CERAMICA DE DOBLE COMBUSTION




10 - Rematada

Rematada a ECOESTUFA , feita toda con ladrillos cerámicos e con doble combustión. Aproveita o 90% do poder calorífico da leña, unha estufa de ferro aproveita o 15% e a cociña económica de toda a vida un 30%. Ademais, mantense quente durante doce horas pola inercia térmica . Grazas a doble combustión apenas emite gases a atmosfera, por eso podemos chamala ecolóxica.

9 - Ultimos pasos

Xa está case acabada, quedan uns pequenos detalles que rematarei mañán.
No interior do fogar alcanzará unha temperatura de 500 a 600 graos celsius.
Os cálculos que teño feitos, a raíz de toda a investigación que se levou a cabo (este é o cuarto proxecto), son que con doce kilos de leña estará ardendo 12 horas. E grazas á  grande cantidade  de refractarios (máis de 200) a inercia térmica manterá a estufa quente durante outras doce horas. Segundo a leña que utilicemos será suficiente con cargala dúas veces ao día, estou pensando en eucalipto.
Si podes carga o enlace no teu Face, penso que é en beneficio de todos. Obrigado.

8 - A camara de combustion

Unha proba de tiro, vai xenial!. Decían as mulleres vellas cando eu era rapaz que o lume para que ardera ben tiña que ter corazón. Antes o corazón estaba presente en todo, agora falta en todos os lares.

7 - Entrada de aire terciario


6 - A porta

5 - A porta

A porta vai ser de vidro, co cal poderemos ver o lume. Esta vai ser bastante tradicional, para aforrar custes, pero ao mesmo tempo ten que pechar moi ben, servirá como segunda entrada de aire.

4 - Saida de gases

Un pouco rústico este tiro de pizarra, servirá para regular a saída de gases e para gardar o calor cando se apague o lume, ainda que esta tarefa terá que estar ben controlada nos outros tres tiros.

3 - Rematando

Uns 200 ladrillos refractarios que aguantarán quentes durante moitas horas. Agora a esperar a que seque ben!.

2 - Camara de combustiom secundaria

Nesta segunda cámara de combustión, grazas a unha entrada de aire que se quenta por un conducto polo interior da estufa, arderá o alquitrán e outros gases que se producen na primeira combustión, contaminando moitísimo menos.

1 - Entrada primaria de aire

O oco de abaixo servirá para acender a estufa e ao mesmo tempo para recoller a pouca borralla  que queda. Como a combustión e moi completa non deixará moitos restos.